Leinster|
|
|
|
|
|
|
|
Estado | Irlanda |
|
|
|
Poboación | 2.630.720 (2016) (132,86 hab./km²) |
---|
|
Superficie | 19.800 km² |
---|
Comparte fronteira con | |
---|
|
Fuso horario | |
---|
|
ISO 3166-2 | IE-L |
---|
|
|
Leinster (en inglés) ou Laighin (en irlandés) é unha das catro provincias tradicionais de Irlanda, situada no leste da illa e constituída polos condados de Carlow, Dublín, Kildare, Kilkenny, Laois, Longford, Louth, Meath, Offaly, Westmeath, Wexford e Wicklow. Leinster é a máis poboada das catro provincias de Irlanda. A bandeira tradicional de Leinster amosa unha arpa dourada sobre fondo verde escuro.