Libro de Taliesin

Facsímile do folio 13 do manuscrito do Llyfr Taliesin.

O Llyfr Taliesin (Libro de Taliesin en galés) é un dos manuscritos galeses máis famosos. Está datado na primeira metade do século XIV (outros autores propoñen o ano 1275),[1] aínda que se cre que a maioría dos seus poemas son moito máis antigos. O manuscrito está custodiado na Biblioteca Nacional de Gales de Aberystwyth coa sinatura Peniarth MS 2. Consérvase incompleto tras ter perdido algunhas follas, incluída a primeira.[2]

O volume contén unha colección dalgúns dos máis antigos poemas en galés, moitos deles atribuídos ao poeta case mítico Taliesin, activo durante o século VI.[1] Outros poemas reflicten un estilo particular, herdeiro tanto dos textos latinos como da tradición celta de Gales.[3] Parece que un único amanuense compuxo o volume,[4] probabelmente en Glamorgan, aproveitando outros textos e atribuíndo os poemas anónimos a Taliesin, que para entón representaba o paradigma do sabio profeta e mago.[1]

No manuscrito recóllense tamén varios poemas galeses, entre os que destacan:

Tamén inclúe algunhas das primeiras mencións en lingua vernácula ás fazañas de Hércules e Alexandre Magno.[6] O estilo dos poemas varía entre o profético, mitolóxico, relixioso e histórico.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Torres Asensio, Gloria: Los orígenes de la literatura artúrica. Edicions Universitat Barcelona. 2003. Barcelona. isbn 848338387X. p. 330.
  2. Haycock, Marged: Legendary Poems from the Book of Taliesin. CMCS. 2007. Aberystwyth. ISBN 978-0-9527478-9-5
  3. Stephens, Meic (Ed.): The new companion to the literature of Wales. University of Wales Press. 1998. Cardiff. isbn= 0-7083-1383-3
  4. "The Book of Taliesin. National Library of Wales. Data de acceso 13 de outubro de 2009.". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2007. Consultado o 13 de outubro de 2009. 
  5. Williams, Ifor: Armes Prydein o Lyfr Taliesin. Gyda Rhagymadrodd a Nodiadau. 1955 Traducido e anotado en inglés por Bromwich, R.: Armes Prydein: the Prophecy of Britain. Dublin Institute for Advanced Studies. 1972.
  6. Haycock, Marged: Llyfr Taliesin. National Library of Wales Journal. XXV. 1988. pp. 357-386

Developed by StudentB