En tipoloxía lingüística, parte da lingüística, e segundo criterios morfolóxicos, unha lingua aglutinante é unha lingua na que as palabras se forman "pegando" ao lexema unha serie de afixos de xeito que as fronteiras entre os morfemas quedan ben marcados e que cada morfema se corresponde cun só trazo semántico ou funcional.
Exemplos:
O termo de lingua aglutinante foi creado en 1836 polo lingüista alemán Wilhelm von Humboldt. Formouno a partir do verbo latino agglutinare, que significa "pegar, encolar".
As linguas aglutinantes distínguense das linguas flexivas, das linguas illantes e das linguas polisintéticas.
Entre as linguas aglutinantes figuran especialmente o finés, o húngaro, o turco, o xaponés, o coreano, o esperanto, o suahili, o náhuatl, o vasco...