Lingua albanesa

Albanés
Shqip
Pronuncia:/ʃcip/
Falado en: Albania, Kosovo, Montenegro, Macedonia do Norte, Grecia, Turquía, Italia.
Rexións: Balcáns
Total de falantes: 6 millóns aproximadamente
Familia: Indoeuropea
 Ilírica (controverso)
  Albanés
Status oficial
Lingua oficial de:  Albania
 Kosovo
 Macedonia do Norte[a]
 Montenegro[1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: sq
ISO 639-2: alb (B)sqi (T)
Mapa
Status

O albanés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O albanés[3] (shqip) é unha lingua que falan entre 6 e 8 millóns de persoas en Albania, Kosovo, Montenegro, Macedonia do Norte, Serbia, Grecia, Italia, Turquía e grupos de emigrantes en Escandinavia, Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos, Ucraína, Exipto.

O lingüista Franz Bopp probou en 1854 que o albanés era unha lingua indoeuropea. Non hai consenso sobre a súa orixe, para uns deriva do ilirio e para outros do tracio ou do dacio.

O albanés goza de status de oficialidade en Albania, e é unha das linguas oficiais de Kósovo e Macedonia. O Instituti i Gjuhësisë dhe i Letërsisë (Instituto de Lingüística e Literatura) da Academia de Ciencias de Albania é o principal centro de estudo da lingua albanesa e desenvolve a forma estándar coa publicación de gramáticas, dicionarios e ortografías prescriptivas, tamén edita dúas publicacións trimestrais, Studime Filologjike (1964) (Estudos Filolóxicos) e Gjuha Jone (1981) (A nosa lingua).


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente

  1. "Lingua e alfabeto Artigo 13". Constitución de Montenegro. WIPO. 19 de outubro de 2007. O serbio, bosníaco, albanés e croata tamén serán de uso oficial 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para albanés.

Developed by StudentB