Lingua armenia

Armenio
հայերեն
Pronuncia:[hɑjɛˈɾɛn]
Outros nomes:hayeren
Falado en: Armenia, Irán, Xeorxia
Rexións: Planalto Armenio
Total de falantes: 8 -12 millóns
Posición: 87
Familia: Indoeuropea
 Protoarmenio
  Armenio clásico
   Armenio medio
    Armenio
Escrita: Alfabeto armenio
Status oficial
Lingua oficial de: Armenia
Regulado por: Instituto da Lingua (Academia Nacional de Ciencias de Armenia)
Códigos de lingua
ISO 639-1: hy
ISO 639-2: arm (B)hye (T)
ISO 639-3: hye
Mapa
Status

O armenio está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O armenio[2] (clásico: հայերէն; reformado: հայերեն, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas.[3] É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras;[4][5][6][7] dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).[8]

Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente.[9] A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.

Mapa dos dialectos armenios a principios do século XX:      dialectos en -owm, correspondentes ao armenio oriental.      dialectos en -el.      dialectos en -, correspondentes ao armenio occidental.
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para armenio.
  3. Armenian language – Britannica Online Encyclopedia
  4. Handbook of Formal Languages (1997) p. 6.
  5. "Indo-European tree with Armeno-Aryan, exclusion of Greek". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2018. Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  6. Indo-European Language and Culture: An Introduction, Benjamin W. Fortson, John Wiley and Sons, 2009, p383.
  7. Hans J. Holm (2011): “Swadesh lists” of Albanian Revisited and Consequences for its position in the Indo-European Languages. The Journal of Indo-European Studies, Volume 39, Number 1&2.
  8. Hrach Martirosyan. The place of Armenian in the Indo-European language family: the relationship with Greek and Indo-Iranian. Journal of Language Relationship • Вопросы языкового родства • 10 (2013) • Pp. 85—137
  9. Strabo, Geographica, XI, 14, 5; Հայոց լեզվի համառոտ պատմություն, Ս. Ղ. Ղազարյան։ Երևան, 1981, էջ 33 (Concise History of Armenian Language, S. Gh. Ghazaryan. Yerevan, 1981, p. 33).

Developed by StudentB