Friulano Furlan | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Marilenghe | |
Falado en: | Italia | |
Rexións: | Friúl-Venecia Xulia | |
Total de falantes: | 794.000 | |
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Italo-occidental Occidental Galoibérica Retorrománica Friulano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | Osservatori Regjonâl de Lenghe e de Culture Furlanis | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | fur | |
ISO 639-3: | fur
| |
Mapa | ||
Mapa das variedades dialectais. | ||
Status | ||
O friulano[2] (en friulano: furlan, ou agarimosamente marilenghe) é unha lingua indoeuropea da familia románica que, xunto ao romanche e o ladino, forma a rama dos Alpes centrais chamada retorromana. Entre os séculos X e XIII o alemán foi a lingua oficial da rexión e deixou numerosas influencias no seu vocabulario. O friulano oriental, con todo, tivo contacto co alemán até a primeira guerra mundial. Dende o século XIV úsase en literatura e o estado italiano recoñéceo como lingua independente dende 1999.
Actualmente a lingua conta con 720.000 falantes (furlans), principalmente na rexión italiana de Friúl-Venecia Xulia, ademais de moitos friulanos que conservan a súa lingua na emigración, algúns deles instalados na rexión do delta do Danubio, en Romanía, onde emigraron no século XIX. Esta variedade é a máis afastada das outras retorrománicas, até o punto de que algúns lingüistas lle negan toda conexión e a relacionan máis cos dialectos do Véneto.