Galés Cymraeg | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/ | |
Outros nomes: | y Gymraeg | |
Falado en: | Reino Unido, Arxentina, Estados Unidos, Canadá | |
Rexións: | Gales | |
Total de falantes: | 700.000 (aprox.) | |
Posición: | Non entre as cen máis faladas | |
Familia: | Indoeuropea Céltica Britónico Galés | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | País de Gales (Reino Unido) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | cy
| |
ISO 639-2: | wel | |
ISO 639-3: | cym
| |
SIL: | WLS
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua galesa ou galés (Cymraeg ou y Gymraeg en galés, pronunciado /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/), é a lingua falada polo pobo galés, que é membro da póla britónica das linguas célticas falada en Gales (Cymru), en Inglaterra, nalgúns sitios preto da fronteira galesa, e na colonia de inmigrantes galeses no val de Chubut, na Patagonia arxentina.
Hai tamén falantes de galés ao redor do mundo, especialmente no resto da Gran Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, a Arxentina e Australia.
Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas. Con todo, de resultas dun número de medidas, entre elas a introdución da Acta da lingua galesa de 1993, o galés vén gozando dun forte rexurdimento nos últimos anos e ten un status de igualdade co inglés no sector público en Gales. É a lingua céltica máis falada.