Igala | ||
---|---|---|
Falado en: | Nixeria | |
Total de falantes: | 1 000 000 (2003) | |
Familia: | Atlántico-congo Volta-níxer YEAI Yoruboide Igala | |
Escrita: | Latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | igl
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua igala é unha lingua yoruboide falada polo pobo igala de Nixeria. En 1989, o número de falantes de igala estimouse en 800 000, principalmente no Estado Kogi. Os seus dialectos principais son os dos lugares de Ibaji, Idah, Dekina, Ogugu, Ankpa e Ebu; o igala comparte algunhas semellanzas coa lingua yoruba e coa lingua itsekiri.[2]
Os igala, tamén escrito igara, viven na marxe esquerda do río Níxer debaixo da súa unión co río Benue. A súa lingua pertence á rama benue-congo da familia níxer-congo. O seu gobernante, o Attah, tamén gobernaba tradicionalmente outros dous grupos, o Bassa Nge e os Bass Nkome, que viven entre os igala e o río Benue.[3]