Irlandés Gaeilge | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ˈgeːlʲgʲə/ | |
Falado en: | Irlanda, Irlanda do Norte | |
Rexións: | Europa occidental | |
Total de falantes: | 73 803 falantes habituais e outros 1 761 420 falantes como segunda lingua (abril de 2016)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Linguas célticas Linguas goidélicas Irlandés | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Irlanda Irlanda do Norte Unión Europea | |
Regulado por: | Foras na Gaeilge | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ga
| |
ISO 639-2: | gle
| |
Mapa | ||
Status | ||
O irlandés[3] ou gaélico irlandés (Gaeilge) é unha lingua céltica da rama goidélica falada na illa de Irlanda. Segundo datos de 2016, na República de Irlanda había 73 803 persoas que falan o irlandés a diario fóra do sistema educativo, mentres que outras 1 761 420 declararan ser quen de falalo como segunda lingua. Tamén a fala un número indeterminado de inmigrantes noutros países (Reino Unido, Canadá, Estados Unidos e Australia). É lingua oficial da Unión Europea por selo da República de Irlanda.