Italiano italiano | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [it̪aˈljaːno] | |
Falado en: | Italia, Suíza, Malta, Arxentina, Uruguai, Somalia, Brasil, Libia, Etiopía, e outros países e rexións. | |
Rexións: | Europa occidental | |
Total de falantes: | 70 millóns | |
Posición: | 23 | |
Familia: | Indoeuropeo Itálico Románico Románico oriental Italo-románico Italiano | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Italia, Suíza, San Marino, Vaticano, Eslovenia, Croacia (rexión da istria), Unión Europea | |
Regulado por: | Accademia della Crusca | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | it
| |
ISO 639-2: | ita | |
SIL: | ITN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O italiano[2] ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neorromances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.[3]