Kurdo Kurdî | ||
---|---|---|
Outros nomes: | كوردی | |
Falado en: | Iraq, Irán, Siria, Turquía, Armenia, o Líbano | |
Total de falantes: | 26 000 000[1], ou 39 500 000 [2][3][4][5] | |
Posición: | 52-39 | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Irania Irania occidental Irania do noroeste Kurdo | |
Escrita: | Alfabeto kurdo (unha variante do alfabeto árabe) en Iraq e Irán, alfabeto latino en Turquía e Siria, e o alfabeto cirílico na extinta URSS. | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Iraq Rexión Autónoma de Kurdistán Irán Provincia de Kurdistán - status constitucional de lingua rexional. | |
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ku
| |
ISO 639-2: | kur | |
ISO 639-3: | varios:kur — Kurdo (xenérico)ckb — Kurdo centralkmr — Kurdo do nortesdh — Kurdo do sur
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua kurda[8] (Kurdî) é unha lingua indoirania falada no Kurdistán, un territorio que abrangue poboacións kurdas en partes de Irán, Iraq, Siria e Turquía[9]. É empregado por entre 25 ou 30 millóns de persoas, aínda que os datos exactos non se saben. O kurdo pertence ao subgrupo occidental dos idiomas iranios, pertencentes á póla indoirania da familia indoeuropea. As linguas máis relacionadas co kurdo son o baluchi, o gilaki, e o talysh, que pertencen tamén á rama occidental setentrional dos idiomas iranios. O idioma persa, pertencente ao ramo suroccidental, tamén se considera unha lingua relacionada co kurdo.
Hai tres dialectos importantes da lingua kurda, relacionados coa súa distribución xeográfica. O kurdo setentrional é falado polos kurdos en Turquía, Siria e partes da ex-Unión Soviética. O sorani ou kurdo central é falado no Kurdistán Iraquí e no Irán, e o queluri é falado no oeste do Irán.