Lingua lombarda

Lombardo
Lumbard, Lumbaart
Falado en: Italia Italia
Suíza Suíza
Rexións: Lombardía
Total de falantes: 3 500 000[1]
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Galoibérico
     Galoitálico
      Lombardo
Status oficial
Lingua oficial de: Ningún país
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: lmo
SIL: LMO
Mapa
Status

O lombardo está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]
Falante de lombardo oriental, gravado en Ecuador.

O lombardo[3] é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de Italia (a maior parte da Lombardía e algunhas áreas das rexións veciñas) e en Suíza (cantón do Tesino). Os idiomas lombardos son linguas romances occidentais emparentadas co francés e cos outros idiomas galo-itálicos (piemontés, emiliano-romañolo etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe escrita e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.

As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto milanés) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos bergamasco e bresciano). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza (CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía).

  1. Documento do ISTAT
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lombardo.

Developed by StudentB