Lingua tartesa

Tarteso
Falado en: Suroeste da Península Ibérica
Extinción: século -V
Familia: Sen clasificar
 Tarteso
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: txr
Mapa
Status

A lingua tartesa[1] é o nome dado á lingua paleohispánica que aparece nunhas setenta inscricións atopadas no suroeste da Península Ibérica. O nome que se buscou para a lingua non deixa de ser unha hipótese: sería a lingua do antigo reino de Tartessos. Moitos historiadores prefiren chamala sudlusitana (Schmoll, Untermann), xa que os textos non aparecen en zona considerada tartesa (que estaría máis ao sur). Por outra banda, a denominación sudlusitano ten o inconveniente de dar a idea dunha relación coa lingua lusitana. Outros nomes serían bástulo-turdetana (Gómez Moreno), do Suroeste (Maluquer) ou do Algarve (De Hoz).

Os turdetanos de época romana son considerados os herdeiros da cultura tartesa. Estrabón menciónaos como "... os máis cultos dos iberos e teñen escritura e escritos históricos en prosa e verso e leis en forma métrica que segundo se di datan de 6000 anos".

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tarteso.

Developed by StudentB