Xaponés '日本語' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | Nihongo | |
Falado en: | Xapón, Hawai e Guam (EUA), inmigrantes no Brasil, Taiwán e outros países | |
Rexións: | Asia | |
Total de falantes: | 127 millóns (primeira ou segunda lingua) | |
Posición: | 9 | |
Familia: | Illada Xapónico Xaponés | |
Escrita: | kanji, hiragana, katakana | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Xapón (de facto), illa de Angaur(Palau) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ja
| |
ISO 639-2: | jpn
| |
Mapa | ||
Status | ||
O xaponés[2] é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo (日本語).
O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente utilizase o rōmaji. O rōmaji refírese ao uso do alfabeto latino (para transliteracións). Xa a escrita común xaponesa mestura os tres outros sistemas: o katakana e o hiragana son silabarios, e o kanji é unha adaptación dos logogramas da escrita chinesa.
É unha lingua aglutinante e caracterízase por un sistema complexo de construcións honoríficas, que reflicten a natureza xerárquica da sociedade xaponesa, con formas verbais e vocabularios particulares que varían de acordo co status relativo entre interlocutores. O repertorio de fonemas da lingua xaponesa é relativamente pequeno, e ten diferenciación léxica baseada nun sistema de entoación.
A lingua xaponesa sufriu influencia importante da lingua chinesa por un mínimo de 1.500 anos. Moito do vocabulario importouse da lingua chinesa ou foi creado baseándose en modelos chineses.