Linguas sino-tibetanas | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Linguas trans-himalaias | |
Falado en: | Asia | |
Total de falantes: | Máis de 1.000 millóns de falantes | |
Familia: | Unhas das principais familias de linguas do mundo. Linguas sino-tibetanas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas sino-tibetanas[1] ou linguas trans-himalaias forman unha familia de máis de 300 idiomas, que se falan desde o norte da India ao occidente, ata Taiwán polo leste, e desde a China ao norte, ata a península de Malaca, polo sur. En número de falantes soamente a supera a familia indoeuropea. A procedencia destas linguas (que a lingüística occidental apenas estudou) hai que buscala no Tíbet, o Nepal, Myanmar, a China occidental e o estado indio de Assam. As linguas do grupo caracterízanse pola súa tendencia á tonalidade.