Litro

Exemplo de medición do litro empregando un volume cúbico, segundo a definición baseada no decímetro cúbico.
Recipiente con indicacións do volume de contido líquido até 1 litro.
Probeta de laboratorio con capacidade dun litro.

Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso.

Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico. O símbolo L foi adoptado en 1979 na 16a Conferencia Xeral de Pesos e Medidas. Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, o SI acepta o seu emprego, se ben recomenda a utilización das unidades do SI no campo da ciencia.[1]

Trátase dunha unidade moi empregada na vida diaria e adoita usarse xunto con unidades do SI, tal e como se fai actualmente coas unidades da hora e do día.[2]

Un litro de auga líquida ten unha masa de case exactamente un quilogramo, xa que o quilogramo foi definido orixinariamente en 1795 como a masa dun decímetro cúbico de auga á temperatura de fusión do xeo. Definicións posteriores do metro e do quilogramo fixeron que esta relación deixara de ser exacta.[3][4]

  1. "The International System of Units" (PDF). Oficina Internacional de Pesos e Medidas, 2006. Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  2. ""Days" and "hours" are examples of other non-SI units that SI accepts." (PDF). Bureau International des Poids et Mesures. 
  3. Association Métrodiff, ed. (7 de abril de 1795). "Décret relatif aux poids et aux mesures du 18 germinal an 3 (7 avril 1795)" [Decreto relativo aos pesos e medidas do 18 de xerminal do ano 3 (7 de abril de 1795)] (en francés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2018. Gramme, le poids absolu d'un volume d'eau pure égal au cube de la centième partie du mètre , et à la température de la glace fondante (art. 5).  Tradución ao galego: Gramo, o peso absoluto dun volume de auga pura igual ao cubo da centésima parte do metro, e á temperatura de fusión do xeo (art. 5).
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome decreto

Developed by StudentB