Live at the Paramount | ||||
---|---|---|---|---|
Vídeo de Nirvana | ||||
Edición | 27 de setembro do 2011 | |||
Gravación | 31 de outubro de 1991 | |||
Lugar | Paramount Theatre (Seattle, Washington) | |||
Xénero(s) | grunge | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Live at the Paramount é un vídeo ao vivo da banda estadounidense de grunge Nirvana, publicado o 27 de setembro do 2011. Foi editado en DVD e Blu-ray como parte do 20 aniversario do lanzamento de Nevermind. Amosa unha actuación ao vivo no Paramount Theatre de Seattle, o día 31 de outubro de 1991, o único concerto da banda filmado en película de 16 mm.