Un logotipo,[1] ou abreviada e popularmente logo, é un debuxo que lle serve a unha entidade ou a un grupo de persoas para representarse. Historicamente, os artesáns do barro, do vidro, os fabricantes de espadas e artefactos de ferro fino, e os impresores utilizaban marcas para sinalar a súa autoría. Os reis que sabían asinar ademais cruzaban os documentos legais cun logotipo da súa creación, á man ou cun selo. Nas covas dos homes prehistóricos atopamos tamén marcas e sinais.
O logotipo pode ser o eixo afirmador da propiedade privada a través do feito da autoría. Como parte da identidade visual dunha empresa ou institución, é a representación tipográfica do nome da marca.
Nun logotipo diferéncianse dous entes:
A funcionalidade dun logotipo radica na capacidade para comunicar a mensaxe que se require como por exemplo "Somos unha empresa responsable" ou "este produto é de alta calidade", e para lograr isto require do uso de cores e formas que contribúan a que o espectador final lle dea esta interpretación.
Un logotipo, en termos xerais, require do apropiado uso da semiótica como ferramenta para lograr a axeitada comunicación da mensaxe e a interpretación por parte do espectador máis axeitada a esta mensaxe. Así por exemplo, un círculo amarelo pode interpretarse de diferentes maneiras e dárselle diferentes sensos como "sol", "moeda", "ovo", "queixo" ou outros, mentres que se se atopa pegado a verba "banco" ambos os elementos, o círculo amarelo e a palabra "banco", toman un só senso: "Institución Bancaria". É dicir, o logotipo, no momento de representar unha entidade ou grupo de persoas, o máis apropiado é que manteña congruencia semiótica entre o que se entende e o que realmente busca representar.
Isologo é distinto de logotipo xa que este último se corresponde co primeiro; é dicir:
Xuntos forman un isologo.[Cómpre referencia]