Louder than Love

Louder than Love
Álbum de Soundgarden
Publicado5 de setembro de 1989
Gravacióndecembro de 1988 - xaneiro de 1989
Estudio(s)London Bridge Studios, Seattle, Washington
Duración53:15
Xénero(s)grunge, heavy metal
Selo(s)A&M
ProdutorTerry Date, Soundgarden
Cronoloxía
Ultramega OK Louder than Love Badmotorfinger
Na rede
Spotify: 354t0L81z7gfWBz4ALDTRd Discogs: 11375 Allmusic: mw0000205314 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Louder Than Love é o segundo álbum da banda estadounidense de grunge Soundgarden, editado o 5 de setembro de 1989 a través do selo A&M Records. Despois da xira de promoción do seu álbum de estrea, Ultramega OK (1988), Soundgarden asinou un contrato con A&M e comezou a traballar neste disco. As cancións do álbum contan cun son grunge con tendéncia cara ao metal con algúns compases pouco ortodoxos.

Debido ás letras dalgúns temas o álbum levou na súa capa o adhesivo "Parental Advisory". Louder Than Love converteuse no primeiro disco da banda en entrar na lista Billboard 200, acadando o posto 108 en marzo de 1990[1]. Soundgarden promocionou o álbum con xiras por Norteamérica e Europa, e este foi o seu derradeiro traballo co baixista orixinal, Hiro Yamamoto.

  1. "Louder than Love nas listas da Billboard". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2012. 

Developed by StudentB