Tipo | mar | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | mar Mediterráneo americano océano Atlántico Norte | ||||
Situado na entidade xeográfica | Caribe | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Estados Unidos de América, República Dominicana, Panamá, Colombia, Xamaica, Haití e Reino Unido | ||||
| |||||
Conca hidrográfica | conca do mar Caribe | ||||
Características | |||||
Profundidade | 7.686 m | ||||
Superficie | 2.754.000 km² | ||||
O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América Central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km²[1][2] e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.[3]
O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade.[3] O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.[3]
Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son: