Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Tipo | mar conca fluvial | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Exeo (rei de Atenas) | ||||
Parte de | Mediterráneo oriental | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Grecia e Turquía | ||||
División administrativa | Grecia e Turquía | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Composto por | |||||
Afluentes | Río Büyük Menderes ,Rio Küçük Menderes (pt) ,Almyrós Potamós (en) ,Enipeas (en) ,Gediz River (en) ,Inachos (en) ,Krausidonas (en) ,Río Maritsa ,Sedountas (en) ,Yassıçay (en) | ||||
Conca hidrográfica | bacia do Mar Egeu (pt) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 2.100 m | ||||
Superficie | 214.000 km² | ||||
O mar Exeo (grego: Αιγαίο Πέλαγος Aigaío Pélagos, turco: Ege Denizi) é un brazo do mar Mediterráneo situado entre Grecia e a península de Anatolia, é dicir, entre as terras altas de Grecia e de Turquía. No norte, o Exeo está conectado ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo. Considérase que este mar está delimitado ao sur por un arco que atravesa, en dirección oeste-leste, as illas de Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas. Polo arbitrario do seu «límite» sur, é difícil atribuírlle unha superficie exacta, sendo un valor aproximado 180.000 km². De norte a sur, a súa extensión máxima é de 600 km, e do leste a oeste é de 400 km.
O mar era tradicionalmente coñecido como o Arquipélago (na Lingua grega antiga, Ἀρχιπέλαγος, que significa "mar principal"),[Cómpre referencia] pero en galego o significado de arquipélago cambiou para referirse ás illas do Exeo e, en xeral, a calquera grupo insular.