Mar Negro

Mar Negro
Localización administrativa
EstadoBulgaria Bulgaria
Xeorxia Xeorxia
Romanía Romanía
Rusia Rusia
Turquía Turquía
Ucraína Ucraína
Localización xeográfica
Océano / MarMar epicontinental
ContinenteEuropa - Asia
Cunca2 millóns Km2
Xeografía
Mares contiguosMar de Azov
mar de Mármara
(mar Exeo,
mar Mediterráneo)
Illas interiores10+
AfluentesDanubio (2.888 km),
Dniéper (2.290 km)),
Dnister (1.352 km)
Kubán (870 km)
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Karkinit
esteiro do Dniéper
PenínsulasCrimea
EstreitosBósforo (Mármara)
Dardanelos (Exeo)
estreito de Kerch (Azov)
Características
Superficie436 400 km²[1]
Lonxitude máxima1175 km
Profundiade máxima2212 m
Capacidade547 000 km³
Outros datos
Salinidade17%
Mapa

Localización do mar Negro.

Vista satélite
O mar Negro coa península da Crimea e o mar de Azov ao norte.

O mar Negro (en latín Pontus Euxinus, abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar situado entre a Europa Oriental e a Asia Occidental. Atópase encerrado entre os Balcáns, a estepa póntica, Crimea, o Cáucaso e a península de Anatolia. O estreito do Bósforo conéctao co pequeno mar de Mármara, e o estreito dos Dardanelos conecta ao mar anterior co mar Exeo, que é unha división do mar Mediterráneo. Tamén está conectado co mar de Azov,[1] situado ao nordés, polo estreito de Kerch. O mar Negro forma unha depresión elíptica cunha pendente de leste a oeste, e ten unha superficie de 436 400 km² (sen incluír o mar de Azov), unha profundidade máxima de 2212 m e un volume de 547 000 km³.[2][3][4] Os países ribeiregos do mar Negro son, empezando polo sur e en sentido horario, Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia (o Krai de Krasnodar, o Óblast de Rostov e Crimea), e Xeorxia. [5]

Está delimitado polos montes Pónticos ao sur e polas montañas do Cáucaso ao leste, e conta cunha ampla meseta ao nordés. A súa maior lonxitude de leste a oeste é de 1 175 km. Entre as cidades importantes das súas costas están: Batumi, Burgas, Constancia, Giresun, Hopa, Istambul, Kerch, Mangalia, Năvodari, Novorossiisk, Odesa, Ordu, Poti, Rize, Sinope, Samsun, Sebastopol, Sochi, Sozopol, Sukhumi, Trebisonda, Varna, Ialta e Zonguldak.

Existe unha saída neta de auga de 300 km³ ao ano a través do Bósforo e do estreito de Dardanelos cara ao mar Exeo, mentres que a auga do Mediterráneo discorre cara ao mar Negro como parte dun camiño de ida e volta de intercambio hidrolóxico. O fluxo que sae do mar Negro é máis frío e menos salino, e o fluxo que entra desde o Mediterráneo é máis cálido e salino, polo que este fluxo é o resultado dos cambios de densidade causados pola diferente salinidade, o que dá lugar a unha gran cantidade de auga anóxica a 150 m baixo a superficie, que teñen a particularidade de descompoñer os barcos afundidos fabricados en ferro pero non así os barcos de madeira.[6] O mar Negro tamén recibe auga do gran sistema fluvial de Eurasia polo norte do mar. Os ríos que lle achegan máis auga son o Danubio, o Dnister, o Dniéper e o Don.

Os niveis de auga deste mar variaron significativamente ao longo da historia. Debido a estas variacións do nivel da auga na conca, os límites actuais deste mar foron ás veces bancais xeolóxicas secas. Cando se dan determinados niveis de auga elevados é posible que o mar se conecte con outras augas próximas para estabilizarse. É a través dunha destas rutas de conexión máis activas, o estreito turco, onde este mar conéctase cos océanos do mundo. Cando esta ligazón hidrolóxica non está presente, o mar Negro transfórmase nunha conca endorreica que opera de forma independente do sistema global dos océanos, como é o caso do mar Caspio. O estreito turco conecta o mar Negro co Exeo, e abarca o Bósforo, o mar de Mármara e o estreito de Dardanelos.

  1. 1,0 1,1 "Black Sea". guía do Mar Negro pola Universidade de Delaware (en inglés). Consultado o 39 de decembro do 2915. 
  2. "Surface Area. Black Sea Geography". University of Delaware College of Marine Studies. 2003. Consultado o 15 de setembro do 2023. 
  3. "Maximum Depth. Europa – Gateway of the European Union Website". Environment and Enlargement – The Black Sea: Facts and Figures. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. 
  4. "Unexpected changes in the oxic/anoxic interface in the Black Sea". Nature Publishing Group. 30 de marzo de 1989. Consultado o 15 de setembro do 2023. 
  5. UNEP/GRID-Arendal Maps and Graphics Library (2001). "Socio-economic indicators for the countries of the Black Sea basin". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2011. Consultado o 15 de setembro do 2023. 
  6. Misterio en el Mar Negro: encuentran barcos hundidos en perfecto estado La Vanguardia, 27 de diciembre de 2016.

Developed by StudentB