Medalla de Galicia | |
---|---|
Medalla de Galicia | |
Outorgada pola Xunta de Galicia | |
Tipo | Recoñecemento |
Graos | Ouro, prata e bronce |
Lema | Aos bos e xenerosos |
Elixibilidade | Persoas ou institucións |
Outorgada por | Méritos ao servizo de Galiza. |
Estadísticas | |
Establecida | 1984 |
Primeira outorgada | 1984 |
A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.
Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.
É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.