Mel | |
Mel nun moderno envase de cristal e un dosificador (rodete) | |
Tipo | Xarope |
Orixe | abellas |
Ingredientes | |
Orixe vexetal | Néctar |
Alimentos |
---|
Pan - Pasta - Queixo - Arroz |
Cociñas rexionais |
Asia - Europa - Caribe Sueste asiático - Latino américa Oriente medio - Norte de África - África - Galiza Categoría: Gastronomía |
Técnicas de preparación rexionais |
Técnicas - Utensilios Pesos e medidas |
Vexa tamén: |
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias |
O mel é unha substancia alimentaria doce e viscosa feita polas abellas e algúns insectos relacionados.[1] As abellas poden producir o mel a partir das secrecións azucradas das plantas (néctar floral) ou das secrecións doutros insectos (como a melaza), por regurxitación, por actividade encimática e evaporación da auga, sendo almacenado en favos (ou panais)[1][2] nas súas colmeas para servirlles de alimento durante o inverno.
A variedade de mel producido polas abellas melíferas (xénero Apis ) é a máis coñecida comercialmente, debido á súa produción mundial e ao consumo humano.[3] O sabor e cor desta substancia é determinado polo tipo de flores das que se recolle o néctar. O sabor varía en función da fonte do néctar, e os diversos tipos e graos de mel; os máis comúns inclúen, entre outros, o néctar de laranxeira, de silva e de framboesa.
O mel obtén a súa dozura a partir dos monosacáridos, da frutosa e da glicosa e ten a mesma dozura relativa que a sacarosa (azucre de mesa).[4][5] Ten propiedades químicas atractivas para a cocción e un sabor distintivo que leva a algunhas persoas para preferila por diante do azucre e outros edulcorantes.[4] A maioría dos microorganismos non medran no mel, polo que o mel selado non se estraga, incluso despois de miles de anos.[6][7]
O mel recóllese de colonias de abellas salvaxes, ou de colmeas de abellas domesticadas, unha práctica coñecida como apicultura. É importante salientar que, a pesar de que o mel utilizado actualmente en maior escala na alimentación humana provén da produción das abellas melíferas, existen outros insectos que tamén o producen en menor cantidade e non son explotados economicamente.
A produción mundial media de mel é aproximadamente de 1 200 000 tn. Os principais países produtores son China, Turquía, Arxentina, Ucraína, México e Estados Unidos. Os principais importadores a nivel mundial son a Unión Europea e os Estados Unidos.[8]
Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a cera, a xelea real, o própole e o pole.