Metal industrial | |
---|---|
Orixe musical | música industrial, rock industrial, EBM, electro-industrial, noise rock, thrash metal |
Orixe cultural | finais dos 80 en Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Canadá e Suíza |
Instrumentos típicos | guitarra, baixo, sintetizadores, caixas de ritmos, secuenciadores, teclados, samplers |
Derivados | Neue Deutsche Härte |
Xéneros de fusión | |
black metal industrial – death metal industrial | |
O metal industrial é un xénero do heavy metal que procede da música industrial e de distintas formas do heavy metal, usando repetitivos riffs de guitarra do metal, audios sampleados, sintetizadores ou liñas secuenciadas e voces distorsionadas.[1] Importantes bandas do metal industrial son Nine Inch Nails, Rammstein, Ministry, Godflesh e KMFDM.[2][3]
O metal industrial desenvolveuse a finais da década de 1980, cando a música industrial e o metal comezaron a fusionarse nun xénero común.[2] O metal industrial tivo moito éxito a principios dos 90, especialmente en América do Norte,[4] co éxito de grupos como Nine Inch Nails, pero a súa popularidade comezou a esvaecer na segunda metade desa década.[5]