Metal industrial

Metal industrial
Orixe musicalmúsica industrial, rock industrial, EBM, electro-industrial, noise rock, thrash metal
Orixe culturalfinais dos 80 en Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Canadá e Suíza
Instrumentos típicosguitarra, baixo, sintetizadores, caixas de ritmos, secuenciadores, teclados, samplers
DerivadosNeue Deutsche Härte
Xéneros de fusión
black metal industrialdeath metal industrial

O metal industrial é un xénero do heavy metal que procede da música industrial e de distintas formas do heavy metal, usando repetitivos riffs de guitarra do metal, audios sampleados, sintetizadores ou liñas secuenciadas e voces distorsionadas.[1] Importantes bandas do metal industrial son Nine Inch Nails, Rammstein, Ministry, Godflesh e KMFDM.[2][3]

O metal industrial desenvolveuse a finais da década de 1980, cando a música industrial e o metal comezaron a fusionarse nun xénero común.[2] O metal industrial tivo moito éxito a principios dos 90, especialmente en América do Norte,[4] co éxito de grupos como Nine Inch Nails, pero a súa popularidade comezou a esvaecer na segunda metade desa década.[5]

  1. "Industrial Metal Music Style Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-10-29. 
  2. 2,0 2,1 Di Perna A 1995, p. 69
  3. Berelian, Essi (2005). The rough guide to heavy metal (1st ed ed.). Londres; Nova York: Rough Guides. ISBN 978-1-84353-415-0. OCLC 60560760. 
  4. Wiederhorn 1994, p. 64
  5. "RockHard: Review anzeigen". web.archive.org. 2017-09-09. Archived from the original on 09 de setembro de 2017. Consultado o 2024-10-29. 

Developed by StudentB