Metro de Londres

Metro de Londres
Información
CidadeLondres, Reino Unido Reino Unido
TipoMetro
Liñas11
Estacións274
Pasaxeiros (día)5 millóns
Operacións
Inauguración10 de xaneiro de 1863
Operador(es)London Underground Ltd.
Rede402 km
Ancho de vía1.435 mm (largo internacional)
Vel. media33 km/h
Mapa da rede

Tren da Northern Line na estación de Mornington Crescent.

O metro de Londres (en inglés: London Underground) é unha rede de transporte público ferroviario que serve á cidade de Londres e a súa área metropolitana. Comezou a operar o 10 de xaneiro de 1863 e é o sistema de metro máis antigo do mundo.

Os londinienses adoitan referirse a el coma the Underground ou the Tube (nome popular empregado coloquialmente, que significa literalmente "tubo", debido á semellanza entre os túneles de moitas das súas liñas e un tubo).

Está operada pola empresa pública London Underground, sometida desde 2003 ao control do ente público local Transport for London (TfL). TfL controla á súa vez outras concesións ferroviarias de metro lixeiro, tranvía e trens suburbanos que, conxuntamente, conforman coa rede de ferrocarrís suburbanos dependente do Departamento de Transporte (DfT) toda a Rede de metro do Gran Londres.


Developed by StudentB