Michael Faraday

Modelo:BiografíaMichael Faraday

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1791 Editar o valor en Wikidata
Newington Butts, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1867 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Highgate Editar o valor en Wikidata
RelixiónSandemania (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, química, electromagnetismo e discoveries and inventions (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, inventor, químico, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRoyal Institution (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresHumphry Davy Editar o valor en Wikidata
AlumnosCharles Joseph Hullmandel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoJohn Tyndall Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeSarah Barnard (1821–) Editar o valor en Wikidata
PaisJames Faraday Editar o valor en Wikidata  e Margaret Hastwell Editar o valor en Wikidata
IrmánsRobert Faraday Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фарадей Майкл)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1039322 WikiTree: Faraday-4 Find a Grave: 20883 Editar o valor en Wikidata
Estatua de Michael Faraday en Savoy Place, Londres, obra de John Henry Foley.

Michael Faraday, nado en Newington (Londres) o 22 de setembro de 1791 e finado en Hampton Court o 25 de agosto de 1867, foi un químico e físico inglés, que estudou o electromagnetismo e a electroquímica. Os seus principais descubrimentos inclúen a indución electromagnética, diamagnetismo e a electrólise.

Malia a escasa educación formal recibida, Faraday é un dos científicos máis influentes da historia. Foi debido ao seu estudo do campo magnético ao redor dun condutor polo que circula corrente continua que Faraday estableceu as bases para o desenvolvemento do concepto de campo electromagnético. Faraday tamén estableceu que o magnetismo podía afectar os raios de luz e que había unha relación subxacente entre ambos fenómeno.[1] Descubriu, tamén, o principio de indución electromagnética, diamagnetismo, as leis da electrólise e inventou algo que el chamou dispositivos de rotación electromagnética, que foron os precursores do actual motor eléctrico.

No campo da química, Faraday descubriu o benceno, investigou o hidrato de clatrato de cloro, inventou un antecesor do queimador Bunsen e o sistema de números de oxidación, e introduciu termos como ánodo, cátodo, eléctrodo e ión. Finalmente, foi o primeiro en recibir o título de Fullerian Professor of Chemistry na Royal Institution de Gran Bretaña, que ostentaría ata a súa morte.

Faraday foi un excelente experimentador, quen transmitiu as súas ideas nunha linguaxe clara e simple. As súas habilidades matemáticas, con todo, non abarcaban máis aló da trigonometría e a álxebra básica. James Clerk Maxwell tomou o traballo de Faraday e outros e resumiuno nun grupo de ecuacións que representan as actuais teorías do fenómeno electromagnético. O uso de liñas de forza por parte de Faraday levou a Maxwell a escribir que "elas demostran que Faraday foi en realidade un gran matemático. Un do cal os matemáticos do futuro derivarán valiosos e prolíficos métodos".[2] A unidade da capacidade eléctrica no SI de unidades, o farad (F), denomínase así no seu honor.

Albert Einstein mantiña colgado na parede do seu estudo un retrato de Faraday xunto aos de Isaac Newton e James Clerk Maxwell.[3] O físico neozelandés Ernest Rutherford declarou: "Cando consideramos a extensión e a magnitude dos seus descubrimentos e a súa influencia no progreso da ciencia e da industria, non existen honores que poidan retribuir a memoria de Faraday, un dos maiores descubridores científicos de todos os tempos".[4]

  1. The Institution of Engineering and Technology (ed.). ""Archives Biographies: Michael Faraday"" (en inglés). Consultado o 12 de agosto do 2017. Información biográfica sobre Michael Faraday e dos seus experimentos que conduciron directamente ao moderno motor eléctrico, xerador e transformador. Tamén inclúe o seu famoso traballo sobre a indución electromagnética. 
  2. Courier Dover, ed. (2003). The Scientific Papers of James Clerk Maxwell (en inglés) 1. p. 360. ISBN 0-486-49560-4. 
  3. "Einstein's Heroes: Imagining the World through the Language of Mathematics", by Robyn Arianrhod UQP, reviewed by Jane Gleeson-White, 10 November 2003, The Sydney Morning Herald.
  4. C.N.R. Rao (2000). Understanding Chemistry. p.281. Universities Press, 2000

Developed by StudentB