Michael Jackson

Modelo:BiografíaMichael Jackson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Joseph Jackson Editar o valor en Wikidata
29 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata
Gary (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, infarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park 34°07′29″N 118°15′05″O / 34.124678, -118.251431 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRancho Neverland Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónColexio Montclair Escola Preparatoria Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIndustria musical, artes escénicas, industria do espectáculo, Composición musical e industria cinematográfica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbailarín, coleccionista de arte, actor de dobraxe, cantante, artista discográfico, compositor de cancións, poeta, modelo, compositor, arranxador musical, emprendedor, actor de cinema, filántropo, empresario, cantautor, actor, director de cinema, autobiógrafo, guionista, produtor musical, coreógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata - 2009 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop, Soul, música para bailar, Música disco, música rock, Blues, Rhythm and blues, Funk, New jack swing, música hip hop, hard rock, música urbana, Samba e pop dance Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz, piano, Batería e Instrumento de percusión Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEpic Records
Sony BMG
Legacy Recordings
Universal Music Group
Sony Music
Motown
Steeltown Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloTitular king (en) Traducir (1992–2009) Editar o valor en Wikidata
FamiliaFamilia Jackson Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDebbie Rowe (1996–2000), divorcio
Lisa Marie Presley (1994–1996), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosPrince Michael Jackson I
 () Debbie Rowe
Paris Jackson
 () Debbie Rowe
Prince Michael Jackson II
 () valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Jackson Editar o valor en Wikidata  e Katherine Jackson Editar o valor en Wikidata
IrmánsRebbie Jackson
Janet Jackson
La Toya Jackson
Jermaine Jackson
Marlon Jackson
Randy Jackson
Jackie Jackson
Tito Jackson
Brandon Jackson Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
7 de xullo de 2009funeral de Michael Jackson
25 de xuño de 2009Morte de Michael Jackson
24 de abril de 2002Michael Jackson: Live At The Apollo 2002 (en) Traducir (Teatro Apollo)
7 de setembro de 2001-10 de setembro de 2001Michael Jackson: 30th Anniversary Special (pt) Traducir
31 de xaneiro de 1993Show do intervalo do Super Bowl XXVII (pt) Traducir (Rose Bowl (pt) Traducir)
Motown 25: Yesterday, Today, Forever Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Make That Change (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmichaeljackson.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001391 Allocine: 36308 Rottentomatoes: celebrity/michael_jackson Allmovie: p95684 Metacritic: person/michael-jackson TV.com: people/michael-jackson IBDB: 533502
Facebook: michaeljackson Twitter: michaeljackson Instagram: michaeljackson MySpace: michaeljackson Youtube: UC5OrDvL9DscpcAstz7JnQGA BNE: XX876501 Souncloud: mjimmortal Spotify: 3fMbdgg4jU18AjLCKBhRSm iTunes: 32940 Last fm: Michael+Jackson Musicbrainz: f27ec8db-af05-4f36-916e-3d57f91ecf5e Songkick: 237682 Discogs: 15885 Allmusic: mn0000467203 WikiTree: Jackson-150 Find a Grave: 38746353 Deezer: 259 Genius: Michael-jackson Editar o valor en Wikidata

Michael Joseph Jackson,[1] nado o 29 de agosto de 1958 en Gary, Indiana, e finado o 25 de xuño de 2009 nos Ánxeles,[2] foi un cantautor, produtor, músico, actor e bailarín estadounidense. Alcumado coma o "Rei do Pop",[3][4] a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas.

O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971. A comezos dos anos 1980, Jackson converteuse na figura dominante da música popular. Os vídeos musicais das súas cancións, como "Beat It", "Billie Jean", e "Thriller", considéranse rompedores das barreiras raciais e transformadores do medio nunha arte e nunha ferramenta de promoción. A popularidade deses vídeos axudou a elevar á fama a MTV, daquela unha canle relativamente nova. Con vídeos como "Black or White" e "Scream", continuou a innovar no medio ó longo da década de 1990, ademais de forxarse unha reputación como artista das xiras mundiais. A través das actuacións nos escenarios e nos vídeos, Jackson popularizou unha morea de complicadas técnicas de baile, como o robot e o moonwalk, ós cales el deu nome. O seu distintivo son e estilo influíron en numerosos artistas de hip hop, post-disco, R&B contemporáneo, pop e rock.

O álbum de Jackson Thriller (1982) é o álbum máis vendido de tódolos tempos. Os seus outros álbums, como Off the Wall (1979), Bad (1987), Dangerous (1991) e HIStory (1995), tamén están entre os máis vendidos do mundo. Jackson é un dos poucos artistas que foi honrado no Salón da Fama do Rock por dúas veces. Algúns dos seus outros logros son varios Récords Guinness do Mundo, 13 Premios Grammy, un Grammy Legend e un Grammy á carreira artística; 26 American Music Awards, máis que ningún outro artista, incluídos o de "Artista do Século" e "Artista dos anos 1980"; 13 números un nos Estados Unidos na súa carreira en solitario, máis que calquera outro artista masculino na era dos Hot 100; e máis de 400 millóns de discos vendidos por todo o mundo.[5][6][7][Note 1] Jackson gañou centos de premios, o que o converteu no artista máis galardoado da historia da música popular.[8] O 29 de agosto de 2010, no que sería o seu aniversario número 52, converteuse postumamente no artista máis descargado da historia da Nokia Music Store.[9][10] Coñecido pola súa labor filantrópica, Jackson viaxou constantemente arredor do mundo polas súas campañas humanitarias, e o Libro dos Récords de 2000 recoñeceuno polas súas 39 actividades caritativas.[11]

Aspectos da vida persoal de Jackson, como a súa aparencia cambiante, relacións sentimentais e comportamento, xeraron moita controversia. A mediados dos anos 1990, foi acusado de abusos sexuais a menores, mais o caso resolveuse fóra dos tribunais co pago de 25 millóns de dólares e non se chegaron a presentar cargos formais.[12] No 2005, foi xulgado por máis alegacións de abusos sexuais e outros cargos, dos cales o xurado atopou inocente. Mentres se preparaba para o seu regreso nunha serie de concertos chamada This Is It, Jackson morreu o 25 de xuño de 2009 por mor dunha parada cardiorrespiratoria logo dunha intoxicación aguda de propofol e benzodiacepina. O Departamento Forense do Condado dos Ánxeles declarou a súa morte como un homicidio, e o seu médico persoal, Conrad Murray, foi condenado por homicidio involuntario. A morte de Jackson desencadeou unha resposta global e a retransmisión en directo do seu funeral foi vista arredor de todo o mundo.[13]

Jackson converteuse no primeiro artista en ter un sinxelo no Top Ten da Billboard Top 100 en cinco décadas diferentes cando Love Never Felt So Good acadou o número 9 o 21 de maio de 2014.[14]

  1. "Biography.com". Consultado o 2 de febreiro de 2014. 
  2. Browne, David (29 de novembro de 1991). "Michael Jackson's Black or White Blues". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2013. [A] highly placed source at MTV says the network was obligated to refer to Jackson on air as the King of Pop in order to be allowed to show "Black or White." 
  3. "Leva a coroa como Rei do Pop porque ningún artista foi quen de superar o seu récord de vender preto de 60 millóns de copias dun único álbum (Thriller)", en (Lewis 2005, p. 3)
  4. Lara, David (12 de maio de 2012). "Michael Jackson's 'Bad' Gets a Revamp and More Inflated Sales!". Impre (ImpreMedia). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2013. 
  5. "Michael Jackson verklagt Auktionshaus". N24 (en alemán). 5 de marzo de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  6. "Ansturm auf Tickets für Michael Jackson-Konzerte". Kleine Zeitung (en alemán) (Austria). 8 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 
  7. Lewis, Monica (14 de xuño de 2007). "20 People Who Changed Black Music: Michael Jackson, the Child Star-Turned-Adult Enigma". Miami Herald. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  8. "Michael Jackson tops global download sales list". NME. 30 de agosto de 2010. Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  9. "Michael Jackson Is Most Downloaded Artist Of All Time". MTV UK. 29 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  10. Orth, Maureen (abril de 2003). "Losing His Grip". Vanity Fair. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  11. Mankiewicz, Josh (3 de setembro de 2004). "New details about 1993 Jackson case". NBC News. Consultado o 13 de decembro de 2012. 
  12. "Hazarika's funeral creates world record". MSN. 28 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  13. Trust, Gary. "Michael Jackson, Coldplay Hit Hot 100's Top 10; John Legend Still No. 1". Billboard. Consultado o 23 de maio de 2014. 

Developed by StudentB