Microscopia

Moderno microscopio con iluminación por lámpada de mercurio para microscopia de fluorescencia, con cámara dixital acoplada e conectado a un ordenador.
Microscopio de Robert Hooke.
Microscopio óptico binocular ou estereoscópico.
Varios grans de pole fotografados con microscopio electrónico, coloreados artificialmente.

A microscopia[1] (dos elementos de orixe grega micro-, de μικρός micrós 'pequeno', e -scopia, de σκοπείν shopeín, 'observar'), é o conxunto de técnicas e métodos destinados a facer visíbeis obxectos de estudo que polo seu diminuto tamaño están fóra do poder de resolución do ollo normal.

Aínda que o microscopio é o elemento central da microscopia, o uso deste intrumento require, para producir imaxes adecuadas, de todo un conxunto de métodos e técnicas afíns pero extrínsecas ao aparello, como técnicas de preparación e manexo dos obxectos de estudo, técnicas de saída, procesamento, interpretación e rexistro de imaxes etc.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para microscopia. A forma normativa en galego é microscopia, igual que colonoscopia, endoscopia, radioscopia etc. O uso de microscopía é unha influencia do castelán (aínda que neste idioma tamén é correcta a forma microscopia).

Developed by StudentB