A princesa Mononoke | |
---|---|
Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mononoke Hime |
Director | Hayao Miyazaki |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Hayao Miyazaki |
Intérpretes | Yōji Matsuda Yuriko Ishida Yūko Tanaka Kaoru Kobayashi Masahiko Nishimura Akihiro Miwa Mitsuko Mori Hisaya Morishige |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Animación |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli |
Distribuidora | Toho |
Estrea | 12 de xullo de 1997 |
Duración | 133 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | ¥2 135 666 804 |
Recadación | ¥14 487 325 138 |
Na rede | |
https://www.ghibli.jp/works/mononoke/ | |
Mononoke Hime (もののけ姫?) (en galego A princesa Mononoke) é un filme épico de animación escrito e dirixido por Hayao Miyazaki. Foi creado por Studio Ghibli e producido por Toshio Suzuki. Está protagonizado polas voces de Yōji Matsuda, Yuriko Ishida, Yūko Tanaka, Kaoru Kobayashi, Masahiko Nishimura, Akihiro Miwa, Mitsuko Mori e Hisaya Morishige.
O filme está ambientado no período Muromachi (aproximadamente entre 1337 e 1573), nun Xapón épico e fantástico, onde conviven os homes, os deuses e os espíritos. A historia céntrase no guerreiro emishi Ashitaka e na loita entre os deuses do bosque e os humanos que consomen os seus recursos.[1] O termo "Mononoke" (物の怪 or もののけ?) non é un nome, senón que é a verba xaponesa para espírito ou monstro.
Mononoke Hime foi estreado no Xapón o 12 de xullo de 1997, e nos Estados Unidos o 29 de outubro de 1999 nalgunhas cidades escollidas. Foi aclamado pola crítica é tivo moi boa acollida do público, converténdose no filme con maior recadación do Xapón no ano 1997, e o máis exitoso do país ata a estrea de Titanic ese mesmo ano.