(it) Monte Bianco (fr) Mont Blanc | |||||
Tipo | montaña Cumio punto máis alto Pico piramidal (pt) Pico ultraproeminente (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Sete Cumios drainage divide between the Adriatic and Mediterranean seas (en) Fronteira entre Francia e Italia | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | Chamonix, Francia, Saint-Gervais-les-Bains, Francia e Courmayeur, Italia | ||||
| |||||
Cordilleira | Macizo do Mont Blanc | ||||
Características | |||||
Altitude | 4.805,59 m | ||||
Illamento topográfico | 2.812 km | ||||
Material usado | granito Gneis | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
8 de agosto de 1786 | Q124504945 , ⇒ Jacques Balmat (pt) , Michel-Gabriel Paccard (pt) | ||||
11 de xullo de 2013 | fastest climb (en) | ||||
O Mont Blanc (en francés) ou Monte Bianco (en italiano) (Monte Branco, en galego) é a montaña granítica culminante dos Alpes, cunha altura oficial de 4.810,45 metros (segundo a última medición, en setembro de 2009). Trátase do punto máis elevado de Europa Occidental e un dos máis altos do resto de Europa, superado só por varias montañas de Rusia e Xeorxia como o Elbrus de 5.642 metros.
O Mont Blanc, rodeado de vales con numerosos glaciares, forma parte do macizo do Mont Blanc que se estende entre as demarcacións do Val de Aosta, en Italia, e de Alta Savoia, en Francia. As cidades máis habitadas próximas ao Mont Blanc son Chamonix-Mont-Blanc e Saint-Gervais-les-Bains, situadas en Francia, e Courmayeur en Italia.
A situación do cume é compartida entre Italia e Francia por un tratado internacional de 1860, aínda que desde entón se mantén certa controversia e diferentes fontes cartográficas atribúen enteiramente a localización a un de ambos os países. Así, os mapas do Instituto Xeográfico Nacional de Francia inclúen todo o cume dentro das propias fronteiras, o que contrasta co mapa xeográfico do Arquivo de Estado de Turín, segundo o cal o cume é integramente italiano.
Numerosos glaciares atópanse arredor del: ao sur os glaciares de Freney, de La Brenva, de Miage, do Mont Blanc e de Brouillard; e ao norte, os glaciares de Bossons e de Taconnaz. En 1957 iniciouse a construción do túnel do Mont Blanc (rematouse en 1965), que ten 11,6 km de longo e é unha das maiores rutas de transporte transalpina, xa que une Italia e Francia. O macizo do Mont Blanc é o berce do alpinismo; as expedicións empezaron cara ao século XVIII e son un destino de referencia en Europa para a práctica do sendeirismo, o esquí e o snowboarding.