Crna Gora (cnr) Црна Гора (cnr) | |||||
Himno | Oj, svijetla majska zoro | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Harddwch gwyllt» | ||||
Epónimo | Lovćen | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Podgorica | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 617.213 (2022) (44,69 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua montenegrina | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 13.812 km² | ||||
Bañado por | mar Adriático e Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | Zla Kolata (2.535 m) | ||||
Punto máis baixo | mar Adriático (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 3 de xuño de 2006 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidente | Jakov Milatović (pt) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Government of Montenegro (en) | ||||
• Primeiro-ministro (pt) | Milojko Spajić (pt) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento do Montenegro (pt) , (Escano: 81) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Montenegro (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 5.861.430.526 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .me | ||||
Prefixo telefónico | +382 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 122, 123 e 124 | ||||
Código de país | ME | ||||
Código NUTS | ME | ||||
Sitio web | gov.me | ||||
Montenegro (/monteˈne.ɣɾo/; lit. "monte negro"; en montenegrino: Crna Gora[a] / Црна Гора;[b] en albanés: Mali i Zi)[1][2] é un estado situado nos Balcáns, ao sueste de Europa.[3] Linda ao norte con Bosnia e Hercegovina, con Serbia ao nordés, con Kosovo ao leste, con Albania ao sueste, con Croacia ao noroeste e co mar Adriático ao oeste, cunha costa de 293.5 km.[4] Podgorica é a capital do país, amais da súa cidade máis grande; abrangue 10,4% dos 13 812 km2 do territorio montenegrino, e alberga aproximadamente o 35% da súa poboación total, segundo datos de 2018, case uns 623 000 habitantes.[5] Cetinje é a antiga capital real e centro cultural de Montenegro, sendo esta a sede de moitas institucións nacionais, incluíndo a residencia oficial do presidente de Montenegro.
Durante o período da Alta Idade Media, tres principados estaban situados no territorio do actual Montenegro: Duklja, que corresponde aproximadamente á metade sur, Travunia, ao oeste e Rascia propiamente dita, o norte.[6][7][8] O Principado de Zeta xurdiu nos séculos XIV e XV. Desde finais do século XIV ata finais do século XVIII, gran parte do sur de Montenegro estivo gobernada pola República de Venecia e incorporada á Albania Veneciana.[9] O nome Montenegro utilizouse por primeira vez para referirse ao país a finais do século XV. Despois de caer baixo o dominio otomán, Montenegro recuperou a súa independencia en 1696 baixo o goberno da Casa de Petrović-Njegoš, primeiro como teocracia e máis tarde como principado. A independencia de Montenegro recoñeceuse polas Grandes Potencias no Congreso de Berlín en 1878. En 1910, o país converteuse nun reino.
Dende o 4 de febreiro de 2003, despois da disolución de Iugoslavia, estableceuse como uns dos estados membros da Federación de Serbia e Montenegro, mais o 21 de maio de 2006 nun referendo o 55,5% da poboación votou pola independencia do país, sendo declarada oficialmente a independencia o 3 de xuño dese mesmo ano en Podgorica.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/>
correspondente