O multiculturalismo, termo suxeito a diversas interpretacións, pode designar a coexistencia e cohesión social de diferentes culturas (étnicas, relixiosas etcétera) no seo dun mesmo conxunto (unha nación, por exemplo)[1] ou aludir á variedade que presentan as culturas das distintas sociedades. A nivel territorial, o multiculturalismo propón a conversión dos estados en comunidades multiculturais, pois comprende a diversidade racial, étnica e, en definitiva, cultural, como un factor positivo con vistas ao desenvolvemento social[2].
Por outra parte, o multiculturalismo é tamén unha teoría que busca comprender os fundamentos culturais de cada unha das nacións.