Nome na lingua orixinal | (en) NBA G League |
---|---|
Tipo | liga deportiva |
Deporte | baloncesto |
Organizador | National Basketball Association |
Liga superior | National Basketball Association |
Número de participantes | 28 |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 2001 – |
Calendario da tempada | novembro – |
Competición | |
Primeiro posto | Rio Grande Valley Vipers |
Outro | |
Páxina web oficial | gleague.nba.com |
A NBA G League é a liga menor de baloncesto desenvolvida e organizada pola NBA. Foi coñecida coma National Basketball Development League (NBDL) de 2001 a 2005, e coma NBA Development League, ou NBA D-League, de 2005 a 2017. A liga comezou con oito equipos no ano 2001. En marzo de 2005, o comisionado da NBA, David Stern, anunciou o plan de expansión da D-League a 15 equipos, e facer unha verdadera liga menor da cal os equipos da D-League estiveran afiliados a un ou varios equipos da NBA. Na tempada 2010-11, a liga ten xa 16 equipos. Ao remate da tempada 2013-14 da NBA, o 33% dos xogadores estiveron algún tempo da NBA D-League. Dende a tempada 2018-19, a liga está formada por 27 equipos, todos eles afiliados ou pertencentes a un equipo da NBA.
A partir da tempada 2017-18, a liga pasouse a chamar NBA G League como parte dun acordo con Gatorade.[1]