Tipo | basketball association (en) |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Liga inferior | NBA G League e Orlando Summer League (pt) |
Número de participantes | 30 |
Localización e Datas | |
País | Canadá e Estados Unidos de América |
Vixencia | 1946 – 1946 – |
Calendario da tempada | outubro – abril |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Los Angeles Lakers |
Outro | |
Cancelo | #NBA |
Páxina web oficial | nba.com |
A National Basketball Association (NBA) é a principal liga profesional de baloncesto de América do Norte, estando considerada maioritariamente como a mellor competición deste deporte no mundo. Formada por trinta franquías, vinte e nove delas situadas nos Estados Unidos e unha no Canadá, a NBA é membro da USA Basketball (Federación de Baloncesto dos Estados Unidos), a cal está considerada pola Federación Internacional de Baloncesto como o órgano nacional para o baloncesto nos Estados Unidos. A NBA está tamén considerada unha das catro grandes competicións deportivas do América do Norte xunto coa National Football League, a Major League Baseball e a National Hockey League. Os xogadores da NBA son os deportistas mellor pagados do mundo tendo en conta o salario medio por xogador.
A NBA fundouse na cidade de Nova York o 6 de xuño de 1946 como Basketball Association of America (BAA). Adoptou o nome actual en 1949 tras a unión de varios clubs da desaparecida National Basketball League. O partido inaugural foi entre os New York Knicks e os Toronto Huskies un 1 de novembro de 1946 co Maple Leaf Gardens de Toronto como escenario. O partido foi visto por 7.090 espectadores. Na actualidade, a NBA está formada por 30 equipos, divididos en dúas conferencias, Oeste e Leste, e seis divisións, Atlántico, Central e Sueste no Leste; e Noroeste, Pacífico e Suroeste no Oeste.