Neptuno | |||||||
Descubrimento | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Descuberto por | Urbain Le Verrier John Couch Adams Johann Galle | ||||||
Descuberto o | 23 de setembro de 1846 | ||||||
Características orbitais | |||||||
Raio medio | 4 498 252 900 km | ||||||
Excentricidade | 0,00858587 | ||||||
Período orbital | 164 a 288 d 13 h | ||||||
Período sinódico | 367,5 días | ||||||
Velocidade orbital media | 5,4778 km/s | ||||||
Inclinación orbital | 1,76917° | ||||||
Número de satélites | 13 | ||||||
Características físicas | |||||||
Diámetro ecuatorial | 49 572 km | ||||||
Área superficial | 7,65×109 km² | ||||||
Masa | 1,024×1026 kg | ||||||
Densidade media | 1,64 g/cm³ | ||||||
Gravidade na superficie | 11,0 m/s² | ||||||
Período de rotación | 16 h 6,5 min | ||||||
Inclinación axial | 29,58° | ||||||
Albedo | 0,41 | ||||||
Velocidade de escape | 23,71 km/s | ||||||
Temperatura superficial |
| ||||||
Características atmosféricas | |||||||
Presión atmosférica | 100-300 kPa | ||||||
Hidróxeno | >84% | ||||||
Helio | >12% | ||||||
Metano | 2% | ||||||
Amonio | 0,01% | ||||||
Etano | 0,00025% | ||||||
Acetileno | 0,00001% |
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso. Neptuno é máis denso e fisicamente máis pequeno que Urano porque a súa maior masa provoca máis compresión gravitatoria na súa atmosfera. É un dos dous planetas xigantes de xeo do sistema solar (o outro é Urano). Estando composto principalmente por gases e líquidos, non ten unha "superficie sólida" ben definida. O planeta orbita ao redor do Sol unha vez cada 164,8 anos a unha distancia media de 30,1 UA (4500 millóns de km), unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol.[1] Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares e o seu símbolo astronómico é ♆, unha versión estilizada do tridente do deus.[a]
Neptuno non é visible a simple vista e é o único planeta do sistema solar atopado por predición matemática máis que por observación empírica. Inesperados cambios na órbita de Urano levaron a Alexis Bouvard a deducir que esta era obxecto dunha perturbación gravitacional producida por un planeta descoñecido. Despois da morte de Bouvard, a posición de Neptuno foi predita a partir das súas observacións, independentemente, por John Couch Adams e Urbain Le Verrier. Neptuno foi posteriormente observado o 23 de setembro de 1846[2] por Johann Galle máis ou menos na posición pronosticada por Urbain Le Verrier, e a súa maior lúa, Triton, foi descuberta pouco despois, aínda que ningunha das restantes 13 lúas foron localizadas telescopicamente ata o século XX. A distancia do planeta á Terra dálle un tamaño aparente moi pequeno, polo que é difícil estudar con telescopios terrestres. Neptuno foi visitado pola nave Voyager 2, que sobrevoou o planeta o 25 de agosto de 1989. e, esta, segue a ser a única nave espacial que o visitou.[3][4] A chegada do telescopio espacial Hubble e dos grandes telescopios terrestres con óptica adaptativa permitiron, recentemente, observacións detalladas adicionais dende lonxe.
Do mesmo xeito que Xúpiter e Saturno, a atmosfera de Neptuno está composta principalmente de hidróxeno e helio, xunto con restos de hidrocarburos e posiblemente nitróxeno, aínda que contén unha maior proporción de xeos como auga, amoníaco e metano. Porén, semellante a Urano, o seu interior está composto principalmente de xeos e rochas;[5] Urano e Neptuno son normalmente considerados "xigantes de xeo" para recalcar esta distinción.[6] Xunto coa dispersión de Rayleigh, os rastros de metano nas rexións ultraperiféricas explican en parte o aspecto azul do planeta.[7] Os datos máis recentes do observatorio Gemini mostran que a cor azul está máis saturada que a presente en Urano debido á menor bruma da atmosfera máis activa de Neptuno.[8][9]
En contraste coa atmosfera nebulosa e relativamente sen características de Urano, a atmosfera de Neptuno ten patróns meteorolóxicos activos e visibles. Por exemplo, no momento do sobrevoo da Voyager 2 en 1989, o hemisferio sur do planeta tiña unha Gran Mancha Escura comparable á Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Máis recentemente, en 2018, identificáronse e estudouse unha mancha escura principal máis nova e unha mancha escura máis pequena.[10] Ademais, estes patróns meteorolóxicos son impulsados polos ventos sostidos máis fortes de calquera planeta do sistema solar, con velocidades do vento rexistradas tan altas como 2 100 km/h (580 m/s; 1 300 mph).[11] Debido á súa gran distancia do Sol, a atmosfera exterior de Neptuno é un dos lugares máis fríos do sistema solar, con temperaturas nas cimas das súas nubes aproximándose os 55 K (−218 °C; −361 °F). As temperaturas no centro do planeta son aproximadamente 5 400 K (5 100 °C; 9 300 °F).[12][13] Neptuno ten un sistema de aneis débil e fragmentado (etiquetado como "arcos"), que foi descuberto en 1984 e despois confirmado pola "Voyager 2".[14]
"En 1989, a Voyager 2 da NASA converteuse na primeira e única nave espacial en estudar Neptuno de preto".
Observacións do Observatorio Gemini, un programa do NOIRLab da NSF e outros telescopios revelan que o exceso de néboa en Urano fai que sexa máis pálido que Neptuno.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/>
correspondente