Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O termo neurose foi proposto polo médico escocés William Cullen en 1769 en referencia aos trastornos sensoriais e motores causados por enfermidades do sistema nervioso. En psicoloxía clínica, o termo úsase para referirse a trastornos mentais que distorsionan o pensamento racional e o funcionamento social, familiar e laboral adecuado das persoas.
Existe unha confusión xeneralizada sobre o termo neurose. Por unha banda aplícase, como síntoma, a un conxunto heteroxéneo de trastornos mentais que participan de mecanismos inadaptativos ligados á ansiedade. Por outra banda, o seu uso popular (como sinónimo de obsesión, excentricidade ou nerviosismo) provocou a súa extensión a terreos non estritamente ligados á enfermidade mental.
O termo neurose foi abandonado pola psicoloxía científica e a psiquiatría, substituíndose por trastornos.