Niobio

Niobio
V
 
 
41
Nb
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Nb
Ta
CirconioNiobioMolibdeno
Táboa periódica dos elementos
Liñas espectrais do Niobio
Información xeral
Nome, símbolo, número Niobio, Nb, 41
Serie química metal de transición
Grupo, período, bloque 5, 5, d
Densidade 8570 kg/m3
Dureza 6.0
Aparencia Gris metálico
N° CAS 7440-03-1
N° EINECS 231-113-5
Propiedades atómicas
Masa atómica 92.90637[1] u
Raio medio pm
Raio atómico (calc) 146 pm
Raio covalente 164±6 pm
Raio de van der Waals pm
Configuración electrónica [Kr]4d4 5s1
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 12, 1
Estado(s) de oxidación 5, 4, 3, 2, 1, −1, −3
Óxido Levemente ácido
Estrutura cristalina cúbica centrada no corpo
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 2750 K
Punto de ebulición 5017 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 689.9 kJ/mol
Entalpía de fusión 26,4 kJ/mol
Presión de vapor 1 Pa a 2942 K
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 3480 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,6
Calor específica 265 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 6,93·106 S/m
Condutividade térmica 53,7 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 652,1 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1380 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 2416 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
91NbSintético680 aε1,25391Zr
92NbSintético3,47·107 aβ-
ε
0,356
2,006
92Mo
92Zr
93Nb100%estable con 52 neutróns
93mNbSintético16,13 aTI0,03193Nb
94NbSintético20,300 aβ-2,04594Mo
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

O niobio (tamén chamado columbio) é un elemento químico de símbolo Nb (anteriormente Cb) e número atómico 41, situado no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. É un metal de transición dúctil, brando e de cor gris, atopado principalmente no mineral chamado niobita. O seu nome procede da personaxe mitolóxica Níobe, filla de Tántalo, debido as similitudes que este elemento presenta co elemento homónimo a este último.[2]

As propiedades físicas e químicas deste elemento son semellantes as do tántalo, dificultando a distinción entre ámbolos dous. No ano 1801 o químico inglés Charles Hatchett publicou o primeiro informe sobre un elemento semellante ao tántalo, ao que nomeou columbio. En 1809 o tamén químico inglés William Hyde Wollaston chegaría a conclusión errada de que o tántalo e o columbio eran idénticos. O químico alemán Heinrich Rose determinou en 1846 que os minerais de tántalo contiñan un segundo elemento, ao que deu o nome de niobio, e posteriormente entre os anos 1864 e 1865 unha serie de descubrimentos científicos clarificaron que o niobio e o columbio eran o mesmo elemento, distinto ao tántalo. Durante todo un século ámbolos dous nomes foron empregados para referirse a este elemento, pasando a denominarse oficialmente niobio no ano 1949.

Os primeiros usos comerciais deste elemento datan de comezos do século XX. Brasil é historicamente o primeiro produtor de niobio e ferroniobio, unha aliaxe de niobio e ferro. O niobio emprégase principalmente en aliaxes, na súa maioría en aceiros destinados a tubaxes de transporte. Malia que este tipo de aliaxes conteñen un máximo dun 0,1% do elemento, esta pequena proporción de niobio mellora a resistencia do aceiro considerablemente. As superaliaxes que conteñen niobio presentan unha estabilidade fronte á temperatura importante no seu uso en motores a reacción e foguetes. Tamén se usa este elemento en varios materiais supercondutores xunto con titanio e estaño, de uso estendido en imáns supercondutores para a obtención de imaxes por resonancia magnética. Outras aplicacións do niobio inclúen o seu uso na soldadura, industria nuclear, electrónica, óptica e na xoiería.

  1. "Standard Atomic Weights 2013". Commission on Isotopic Abundances and Atomic Weights. Consultado o 3 de novembro de 2015. 
  2. Knapp, Brian (2002). Francium to Polonium. Atlantic Europe Publishing Company. p. 40. ISBN 978-1862140646. 

Developed by StudentB