Kongeriket Norge (nb) Kongeriket Noreg (nn) | |||||
Himno | Ja, vi elsker dette landet | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Ei grym yw natur» | ||||
Epónimo | norte e estrada | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Oslo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.550.203 (2023) (14,41 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | bokmål linguas saamis nynorsk lingua norueguesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 385.207 km² | ||||
Bañado por | Mar de Noruega, Mar de Barents, Mar do Norte e Skagerrak | ||||
Punto máis alto | Galdhøpiggen (pt) (2.468,854 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar de Noruega (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Cronoloxía século IX 17 de maio de 1814: Constitución 7 de xuño de 1905: escindido de Reino da Suécia e Noruega (pt) 26 de outubro de 1905: Reconhecimento diplomático (pt) escindido de Reino da Suécia e Noruega (pt) | |||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Xoves Santo (três dias antes da Páscoa (pt) ) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) Easter Sunday (en) (22 de marzo) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Día da Constitución de Noruega (17 de maio) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ) Festa do Divino Espírito Santo (pt) (Easter + 49 days (en) ) Segunda-feira de Pentecostes (pt) (Easter + 50 days (en) ) Día de Nadal (25 de decembro) Second Day of Christmas (en) (26 de decembro) | ||||
Santo padrón | Olavo de Noruega | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional democracia representativa | ||||
• Monarca | Harald V de Noruega (1991–) | ||||
Órgano executivo | Governo da Noruega (pt) | ||||
• Primeiro-ministro da Noruega (pt) | Jonas Gahr Støre (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Storting (pt) Circunscrición: 19, (Escano: 169) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Suprema Corte da Noruega (pt) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 490.293.364.377 $ (2021) | ||||
Moeda | Coroa norueguesa | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .no | ||||
Prefixo telefónico | +47 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 110 e 113 | ||||
Código de país | NO | ||||
Código NUTS | NO | ||||
Sitio web | norway.no | ||||
Noruega (en noruegués: Norge (bokmål), Noreg (nynorsk), en saami: Norga), é un país nórdico gobernado por unha monarquía constitucional que ocupa a porción oeste da península escandinava. O país fai fronteira con Suecia, Finlandia e Rusia. A súa capital e principal cidade é Oslo.
Forman parte do Reino de Noruega os territorios árticos de Jan Mayen e das illas Svalbard, cuxa soberanía foi establecida polo tratado de Svalbard asinado en 1920. Porén os territorios meridionais da illa Bouvet na parte sur do océano Atlántico e a Illa de Pedro I no sur do océano Pacífico considéranse dependencias e polo tanto non conforman parte do reino como tal. Noruega é ademais un dos países que reclama territorio na Antártida, concretamente o sector coñecido como Terra da Raíña Maud.
Dende a segunda guerra mundial, o país experimentou un rápido crecemento, que contribuíu a que o país estea actualmente entre aqueles cun maior nivel de vida grazas ao seu sistema nacional de subsidios. Este crecemento económico débese en parte ao desenvolvemento e explotación das reservas costeiras de gas e petróleo do país. O desenvolvemento humano de Noruega é un dos maiores do mundo, ocupando o país o primeiro posto na listaxe de países por nivel de desenvolvemento humano (IDH) entre o 2001 e o 2007 (compartindo este posto con Islandia no 2007). É ademais un dos membros fundadores da Organización das Nacións Unidas.