Lema | «Animus in consulendo liber (pt) » | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Tratado do Atlântico Norte (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua francesa | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Paul-Henri Spaak, Lester Bowles Pearson, Gustav Rasmussen (pt) , Robert Schuman, Bjarni Benediktsson (pt) , Carlo Sforza, Joseph Bech (pt) , Dirk Stikker, Halvard Lange (pt) , José Caeiro da Mata (pt) , Ernest Bevin (pt) e Dean Gooderham Acheson (pt) | ||||
Creación | 4 de abril de 1949 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | .nato (pt) | ||||
Páxina web | nato.int | ||||
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du traité de l'Atlantique nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España que xa era membro da OTAN dende 1982 confirmou a súa permaneza no referendo do 1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.
Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.
O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 29 países anualmente.