Palau de la Generalitat Valenciana | |
---|---|
Torreón antigo | |
Coordenadas | 39°28′36″N 0°22′36″O / 39.4767, -0.376689 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palau de la Generalitat (en galego Pazo da Xeneralidade), na cidade de Valencia, é a sede da Generalitat Valenciana, segundo o que establece o Estatuto valenciano no seu título I, artigo 5.1. O Palau de la Generalitat de Valencia, igual que o de Cataluña é un dos poucos edificios de orixe medieval en Europa que se mantén coma sede do goberno e da institución que o construíu, a Generalitat do Reino de Valencia.
Este edificio está cheo de simbolismo para os valencianos, entre outros motivos porque a pesar de séculos de continxencias históricas e políticas, hoxe en día continúa a ser, xunto con Les Corts, o símbolo da unidade e da identidade valencianas.
Monumento Histórico-Artístico dende 1931, é un dos edificios máis famosos da cidade, elaborado a base de materiais locais, como a pedra de Godella e Rocafort, azulexos de Manises e Paterna, mármores do Buixcarró e madeira tallada das fragas autóctonas.