O paneslavismo é un movemento político e cultural, nacido dun movemento pannacionalista, cuxo obxectivo era a unión cultural, relixiosa e política dos diversos pobos eslavos de Europa nunha soa entitade política.
Este movemento naceu a principis do século XIX, provocando o xurdimento doutros movementos similares, como o panescandinavismo. Alcanzou o seu máximo apoxeo coa disgregación do Imperio Otomán, o que supuxo a liberación de varios pobos eslavos meridionais.
O paneslavismo ruso fomentaba movementos nacionalistas dos pobos eslavos sometidos a outras potencias, cousa que non podía ser tolerada por Austria, que vía ameazada a unidade interna do seu imperio, cousa que finalmente sucedeu na primeira guerra mundial.
O paneslavismo usaba como símbolos as cores que están presentes hoxe na maioría das bandeiras dos países eslavos: vermello, branco e azul.