Πάτρα (el) | |||||||||||||||
Epónimo | Patreus (en) | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Estado | Grecia | ||||||||||||||
División administrativa | administración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas | ||||||||||||||
Periferias | Grecia Occidental | ||||||||||||||
Unidades periféricas | Acaia | ||||||||||||||
Concello | Municipality of Patras (en) | ||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||
Poboación | 173.600 (2021) (518,21 hab./km²) | ||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||
Superficie | 335 km² | ||||||||||||||
Bañado por | Gulf of Patras (en) | ||||||||||||||
Altitude | 10 m | ||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||
Santo padrón | André Apóstolo | ||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||
• Xefe do goberno | Konstantinos Peletidis (en) (2014–) | ||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||
Código postal | 26x xx | ||||||||||||||
Prefixo telefónico | 2610 | ||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||||
Sitio web | e-patras.gr… |
Patras (en grego: Πάτρα grego antigo e Katharevousa: Πάτραι Pátrai, latín Patrae) é a terceira cidade máis grande de Grecia. É o centro político, económico, administrativo e cultural do oeste de Grecia.
A cidade é a capital da prefectura de Grecia de Acaia e da periferia de Grecia Occidental, e é o principal centro urbano da península do Peloponeso, ao pé do monte Panacaico, que domina o Golfo de Patras), que é, de feito, unha enseada do mar Xónico.
Patras está situada a 215 km ao oeste de Atenas por estrada, a 94 km ao nordeste de Pyrgos, a 7 km ao sur de Rio, a 134 km ao oeste de Corinto, a 77 km ao noroeste de Kalavryta, e a 144 km ao noroeste de Tripoli.
O concello de Patras tiña unha poboación de 213.984 (en 2011). O asentamento central ten unha historia que abarca catro milenios, no período romano converteuse nun centro cosmopolita do Mediterráneo oriental mentres que, segundo a tradición cristiá, era tamén o lugar do mártir de Santo André. De acordo cos resultados do censo de 2011, a área metropolitana ten unha poboación de 260.308 habitantes e esténdese por unha área de 738´87 km².
Coñecida como a porta occidental de Grecia, Patras é un centro comercial, mentres que o seu importante porto é un punto nodal para o comercio e a comunicación con Italia e co resto de Europa occidental. A cidade conta con dúas universidades públicas e un Instituto Tecnolóxico, onde se atopa unha gran poboación estudantil e fai de Patras un importante centro científico. A ponte Rio-Antirio conecta o suburbio máis próximo ao Río de Patras coa cidade de Antirio, conectando a península do Peloponeso coa Grecia continental.
Todos os anos, en febreiro, a cidade alberga un dos entroidos máis grandes de Europa, as características destacadas do Entroidol de Patras inclúen as súas xigantescas carrozas, bailes e desfiles satíricos, que gozan centos de miles de visitantes baixo o clima mediterráneo. Patras tamén é famosa por apoiar unha activa escena cultural indíxena principalmente nas artes escénicas e unha literatura urbana moderna. Foi Capital Europea da Cultura en 2006.[1]