Percebe

Percebe
Pollicipes pollicipes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Infraclase: Cirripedia
Orde: Pedunculata
Familia: Pollicipedidae
Xénero: Pollicipes
Especie: P. pollicipes
Nome binomial
Pollicipes pollicipes
(Gmelin, 1789) [1]
Distribución do percebe
Distribución do percebe

Distribución do percebe
Sinonimia
  • Lepas gallorum Spengler, 1790 [2]
  • Lepas pollicipes Gmelin, 1789 [2]
  • Mitella pollicipes (Gmelin, 1789) [3]
  • Pollicipes cornucopia Leach, 1817 [1][3]

O percebe (Pollicipes pollicipes), tamén denominado mixote, percebe da pedra, percebe da sombriza e percebe mexón, segundo M. C. Ríos Panisse[4] e mais Rosa Ramonell,[5] é unha especie de artrópodo pertencente á familia dos policipédidos da orde dos pedunculados e infraclase dos cirrípedes, do subfilo dos crustáceos, estando en consecuencia ligado de lonxe cos cangrexos e as lagostas. Algunhas autoridades académicas consideran os cirrípedes como clase plena.

A especie foi descrita por primeira vez polo químico e naturalista alemám Johann Friedrich Gmelin en 1789, baixo o nome de Lepas pollicipes. Das ao redor de 1220 especies de percebes coñecidas, Pollicipes pollicipes (antes Pollicipes cornucopia) é a común nas augas galegas.

  1. 1,0 1,1 Alan Southward (21 de decembro de 2004). "Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1789)". MarBEF Data System. European Register of Marine Species.  (en inglés)
  2. 2,0 2,1 Charles Darwin (1851). A monograph on the sub-class Cirripedia, with figures of all the species. Ray Society. 
  3. 3,0 3,1 M. K. S. Barnes (February 10, 2009). "A stalked barnacle – Pollicipes pollicipes". Marine Life Information Network for Britain & Ireland. Marine Biological Association of the United Kingdom. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2012. Consultado o 03 de xullo de 2013. 
  4. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago: Univerdidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, pp. 56-57.
  5. Rosa Ramonell (1985), p. 183.

Developed by StudentB