Os peroxisomas (chamados inicialmente microcorpos) son orgánulos celulares atopados en practicamente todas as células eucariotas.[1] Teñen o aspecto de pequenas vesículas de 0,3-1,5 μm provistas dunha membrana semipermeable, que conteñen numerosos encimas (identificáronse máis de 50 en distintos tecidos), que interveñen principalmente no metabolismo oxidativo da célula, entre os que destaca a catalase.[2]. A miúdo o contido do orgánulo aparece cristalizado nas micrografías.
Os peroxisomas foron identificados como orgánulos polo citólogo belga Christian de Duve en 1967,[3] despois de que fosen descritas unha década antes por Rhodin nunha tese de doutoramento.[4]
↑Devlin, T. M. 2004. Bioquímica, 4ª edición. Reverté, Barcelona. ISBN 84-291-7208-4
↑de Duve C (1969). "The peroxisome: a new cytoplasmic organelle". Proc. R. Soc. Lond., B, Biol. Sci.173 (30): 71–83. PMID4389648. doi:10.1098/rspb.1969.0039.
↑Rhodin, J (1954). "Correlation of ultrastructural organization and function in normal and experimentally changed proximal tubule cells of the mouse kidney". Doctorate Thesis. Karolinska Institutet, Stockholm.