Peter Higgs

Infotaula de personaPeter Higgs

(2013) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Peter Ware Higgs Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1929 Editar o valor em Wikidata
Newcastle upon Tyne, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 2024 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing's College de Londres - física (1951–1954)
King's College de Londres - física (1950–1951)
King's College de Londres - física (1947–1950)
City of London School (en) Traducir (1946–1947)
Cotham School (en) Traducir (1941–1946) Editar o valor em Wikidata
Director de teseCharles Coulson e H. Christopher Longuet-Higgins Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica, Física molecular e bosón de Higgs Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico teórico , físico de partículas , investigador , físico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tecnologia de Sydney (pt) Traducir (2022–)
Burnet Institute (en) Traducir, principal investigator (en) Traducir (1996–)
Universidade de Edimburgo, profesor emérito (1996–2024)
Universidade de Edimburgo (1960–1996)
University College de Londres (1959–1960)
Universidade de Londres (1956–1958)
Universidade de Edimburgo (1955–1956)
Real Comisión para a Exposición de 1851 (1953–1955) Editar o valor em Wikidata
Membro de
James Clerk Maxwell Foundation (en) Traducir (patron (en) Traducir) (2016–2024)
Royal Scottish Society of Arts (en) Traducir (honorary fellow (en) Traducir) (2013–2024)
Saltire Society (en) Traducir (membro de honra) (2013–2024)
Museu da Ciência (Londres) (pt) Traducir (honorary fellow (en) Traducir) (2013–2024)
Universidade de Swansea (pt) Traducir (fellow (pt) Traducir) (2008–2024)
King's College de Londres (fellow (pt) Traducir) (1998–2024)
Instituto de Física (pt) Traducir (fellow (pt) Traducir) (1991–2024)
Royal Society (fellow (pt) Traducir) (1983–2024)
Sociedade Real de Edimburgo (pt) Traducir (fellow (pt) Traducir) (1974–2024) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoLewis Ryder, John Murrough Golden, David Wallace, Christopher M. Bishop, David Stephenson (pt) Traducir e Nick Dorey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webph.ed.ac.uk… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4225682 WikiTree: Higgs-1173 Editar o valor em Wikidata

Peter Ware Higgs, nado en Newcastle (Tyne e Wear, Inglaterra) o 29 de maio de 1929 e finado o 9 de abril de 2024 en Edimburgo, foi un físico británico coñecido pola súa proposición nos anos 1960 da ruptura da simetría na teoría electrodébil, explicando a orixe da masa das partículas elementais en xeral, e dos bosóns W e Z en particular.

Este chamado mecanismo de Higgs predí a existencia dunha nova partícula, o bosón de Higgs (que a miúdo se describe como "a partícula máis cobizada da física moderna").

O 4 de xullo de 2012, a Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) fixo público o descubrimento dunha nova partícula subatómica que confirma con máis dun 99% de probabilidade a existencia do bosón de Higgs, coñecido popularmente como a «partícula de Deus», un achado fundamental para explicar por que existe a materia tal e como a coñecemos. ATLAS, un dos dous experimentos do CERN que busca o bosón de Higgs, confirmou a observación dunha nova partícula, cun nivel de confianza estatística de 5 sigma (superior ao 99,99994%), na rexión de masas de arredor de 125 GeV. Esta medición implica que a probabilidade de erro é dunha en tres millóns, unha cifra que oficialmente é suficiente para dar por confirmado un descubrimento.

Peter Higgs foi galardoado con varios premios en recoñecemento ao seu traballo, incluíndo a Medalla Hughes da Real Sociedade en 1981; a Medalla Rutherford do Institute of Physics en 1984; a Medalla e Premio Paul Dirac do Institute of Physics en 1997, polas súas contribucións sobresaíntes no campo da física teórica; o premio á física de alta enerxía e física de partículas da Sociedade Europea de Física en 1997; o Premio Wolf en Física en 2004; o premio Oskar Klein Memorial Lecture da Real Academia Sueca de Ciencias en 2009; o Premio J. J. Sakurai de física teórica de partículas da Sociedade Americana de Física en 2010; unha medalla única a Higgs da Sociedade Real de Edimburgo en 2012, entre outros.[1] O descubrimento do bosón de Higgs levou ao físico Stephen Hawking a sinalar no ano 2012 a súa opinión de que Higgs debería recibir o premio Nobel de Física polo seu traballo.[2]

No 2013, Peter Higgs recibiu o premio internacional Nonino Man of Our Time,[1] e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica xunto a François Englert e o CERN. Nese mesmo ano, foi galardondo co premio Nobel de Física, tamén xunto a François Englert, «polo descubrimento teórico dun mecanismo que contribúe á nosa comprensión da orixe da masa das partículas subatómicas, e que recentemente foi confirmado a través do descubrimento da partícula fundamental prevista, polos experimentos ATLAS e CMS no gran colisionador de hadróns do CERN».[3]

  1. 1,0 1,1 University of Edinburgh, School of Physics and Astronomy, ed. (29 de novembro de 2012). "Peter Higgs: Curriculum vitae". Consultado o 23 de xullo de 2014. 
  2. National Post, ed. (4 de xullo de 2012). "Higgs boson breakthrough should earn physicist behind search Nobel Prize: Stephen Hawking". Consultado o 23 de xullo de 2014. 
  3. Nobel Foundation (ed.). "The Nobel Prize in Physics 2013". Consultado o 23 de xullo de 2014. 

Developed by StudentB