Pierrot le Fou | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pierrot le Fou |
Director | Jean-Luc Godard |
Produtor | Georges de Beauregard |
Guión | Jean-Luc Godard |
Baseado en | Obsession de Lionel White |
Intérpretes | |
Música | Antoine Duhamel |
Fotografía | Raoul Coutard |
Montaxe | Françoise Collin |
Estudio | Films Georges de Beauregard |
Distribuidora | Société Nouvelle de Cinématographie (SNC) |
Estrea | 4 de novembro de 1965 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama e crime |
Orzamento | 300 000 dólares (estimado) |
Recadación | 1 310 579 entradas (Francia)[1] |
Na rede | |
Pierrot le Fou é un filme francés de 1965 dirixido por Jean-Luc Godard e protagonizado por Jean-Paul Belmondo e Anna Karina. O filme baséase na novela de 1962 Obsession escrita por Lionel White. Foi o décimo filme de Godard, estreado entre Alphaville e Masculin féminin. A trama segue a Ferdinand, un home infelizmente casado, que foxe da súa vida e viaxa dende París ao mar Mediterráneo con Marianne, unha moza perseguida polos sicarios da OAS de Alxeria. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]