Pobo seminole

Pobo seminole
Retratos seminoles.
Poboación
Poboación total:
c  32 000
Rexións principais:
Oklahoma18 600
Florida15 572
Aspectos culturais
LinguaLingua muskogee, mikasuki e inglés
RelixiónProtestantismo, catolicismo e cerimonia do millo verde
Grupos
relacionados
mikasaki, muskogee e choctaw

Os seminoles son un pobo indíxena que habitaba orixinalmente en Florida. No presente viven no estado de Oklahoma cunha minoría en Florida, e comprende tres tribos recoñecidas federalmente: os Seminoles de Oklahoma, a Tribo Seminole de Florida e a Tribo Miccosukee de Florida, así como outros grupos independentes. A nación seminole emerxeu nun proceso de etnoxénese de diversos grupos nativos americanos que se asentaron en Florida no século XVIII, a maioría muskogee (Creeks) procedentes de Xeorxia e Alabama.[1] No século XIX, os seminoles eran coñecidos como unha das "cinco tribos civilizadas", xa que integraran numerosas prácticas culturais e tecnolóxicas traídas polos europeos. A palabra seminole é a corrupción de cimarrón, un termo castelán que quere dicir "asilvestrado".[2]

  1. Mahon, pp. 183–187.
  2. Mahon, p. 183.

Developed by StudentB