Ponte de Carlos

Ponte de Carlos
Localización
Coordenadas50°05′11″N 14°24′43″L / 50.086388888889, 14.411944444444Coordenadas: 50°05′11″N 14°24′43″L / 50.086388888889, 14.411944444444
RíoMoldava
CidadePraga
Características
ConstruciónSéculo XV
Lonxitude515,8 m[1]
Ancho9.5 m[1]
TipoPonte gótica
MaterialPedra
A Ponte de Carlos e a Cidade Vella de Praga
A Ponte de Carlos vista dende a Petřínská rozhledna (torre de observación).

A Ponte de Carlos (en checo: Karlův most) é a ponte máis vella de Praga, e atravesa o río Moldava da Cidade Vella á Cidade Pequena. É a segunda ponte máis antiga existente na República Checa.[2] A súa construción comezou en 1357[1] co visto e prace do Rei Carlos IV, sendo rematado a comezos do século XV.[3][4] Dado que nese entón constituía a única forma de atravesar o río, a Ponte de Carlos transformouse na vía de comunicación máis importante entre a Cidade Vella, o Castelo de Praga e as zonas adxacentes ata 1841. A ponte foi tamén unha conexión importante para o comercio entre a Europa Oriental e Occidental. Orixinalmente, esta vía de comunicación foi chamada a Ponte de Pedra (Kamenný most) e a Ponte de Praga (Pražský most), pero leva a súa denominación actual dende 1870.[3]

A ponte ten unha lonxitude de 516 metros, e o seu ancho é de case 10 metros, á vez que se atopa apoiada en 16 arcos.[3] Está protexida por 3 torres distribuídas entre as súas dúas cabeceiras, dúas delas en Malá Strana e a restante no extremo situado na Cidade Vella. A torre localizada na cabeceira da Cidade Vella é considerada por moitos como unha das construcións máis impresionantes da arquitectura gótica no mundo. A ponte está decorada con 30 estatuas situadas nos seus lados, a maior parte das cales son de estilo barroco e foron construídas ao redor do 1700.

Durante as noites a Ponte de Carlos é unha testemuña silenciosa dos tempos medievais. Pero durante o día, a súa faciana muda completamente e transfórmase nun sitio moi transitado. Artistas e comerciantes tratan de facer diñeiro a expensas do importante fluxo de turistas que todos os días visitan o lugar.

  1. 1,0 1,1 1,2 Prague Spot (ed.). "Charles' Bridge (Karluv most)". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2014. Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  2. myCzechRepublic. "Charles Bridge (Karlův most)". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Dana Shanberg. myCzechRepublic, ed. "Charles Bridge (Karlův most)". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  4. A View On Cities (ed.). "Charles Bridge". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2014. 

Developed by StudentB